Pregón Inaugural das Festas do Carme 2015

As Pontes renderá homenaxe ao sector da construcción no pregón inaugural das Festas do Carme 2015

  • Os exteriores da Casa Consistorial servirán de escenario para este acto que servirá de apertura das festas patroniais pontesas e que arrincará ás 20.30 horas

As Pontes, 16 de Xullo de 2015.-

O Concello de As Pontes renderá mañá homenaxe ao sector da construcción local no que será o acto oficial de inicio das Festas do Carme e A Fraga 2015: o tradicional pregón.

Os exteriores da Casa do Concello volverán ser o escenario que acolla a numeroso público para un evento no que dende as escalinatas de acceso ó edificio se van dirixir ó pobo diferentes representantes do sector da construcción.

A aposta por un pregón colectivo segue a liña destes últimos anos en que se están a poñer e n valor diferentes gremios por riba das personaxes que puideran ser máis ou menos populares e que xa serviu para render merecida homenaxe ao mundo da sanidade, a educación ou o comercio local.

No caso da construcción ata once familias de contratistas estarán representadas nun acto no que o desexo dunhas boas festas para os veciños e veciñas será o eixo central de cada unha das instervencións e na que cobrará tamén un papel especial a presenza do alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, no que será o seu primeiro acto público como presidente da Deputación da Coruña.

A escolma de contratistas está integrada polas familias dos finados José Fernández Seco “Pepe de Ferrerías”, José María Alonso López “Maciñeira” e Jesús Ferreiro Roca. A eles tamén se sumarán constructores que, malia xa non estar en activo, formarán parte desta merecida homenaxe coma Antonio Martínez Canosa, José Durán, Alejandro Paz, José Vázquez “Camposa”, Raimundo Vigo, José María Expósito Ferreiro, Manuel Moret e Ángel Lourés Campo.

A cita está fixada para as 20.30 horas, e arroupando ós pregoeiros estarán, ademáis de veciños e veciñas, os membros da corporación municipal pontesa e a Comisión de Festas 2015, integrada por Fina Bellas, Sara Ramos, Pablo Montero e Ramón Silvent.

A animación musical correrá a cargo da Tuna da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

[aspontes.org]