Presentación do libro “D. Enrique Rivera Rouco: a súa vida e a súa obra”

Presentación do libro “D. Enrique Rivera Rouco: a súa vida e a súa obra”

[@migus.org]  O vindeiro venres 26 de setembro, ás 20:30 h. no Liceo Recreativo e Artístico das Pontes, terá lugar a presentación dunha obra de compilación biográfica e bibliográfica levada a cabo polo mestre José María López Ferro e que leva por título “D. Enrique Rivera Rouco: a súa vida e a súa obra”. A obra estará a disposición dos asistentes ao acto, ao que asistirán diferentes persoeiros da nosa vila.