Presentación dos libros de Helena Villar Janeiro

Presentación dos libros de Helena Villar Janeiro

[@migus.org] Este venres 19 de setembro contaremos coa presenza dunha entrañable coñecida para todos e todas nós, Helena Villar Janeiro. Pola mañá estará no CPI Monte Caxado presentando o seu libro “As señoras cousas”. Xa pola tarde estará na Biblioteca Municipal facendo presentación dese mesmo libro xunto con Francisco Castro da Editorial Galaxia ás 6 horas. E ás 8 presentará o seu libro “Remontar o río”.