Pretemporada. O Esteo FS 3 – Mesón Pizzería A Fuga Xove FS 1

[@migus.org – AF] Presentouse ó Esteo ante a súa afección este sábado xogando contra o Xove, equipo lucense da Terceira División e vello coñecido dos ponteses. Novas máis salientables da pretemporada son as incorporacións de Cagi e Lardín, a volta do porteiro Javichu e o paso do fútbol campo a sala dos ex xogadores do As Pontes Óscar Ferreiro e Púas. Tamén subiu do xuvenil Tucho. Pola contra deixaron o clube o goleador Rubi, Rober Paz e o preparador físico David García. Segunda División B que contará este ano con 12 equipos no seu grupo primeiro, os galegos, O Esteo, Cidade de Narón, Tres Cuñados, Leis de Pontevedra, Mosteiro de Bembrive, Noia e Ventorrillo, e os casteláns leoneses, Cistierna, Albense, Cuellar Cojalba, Universidad de Valladolid e Guardo. No encontro de onte venceu o equipo pontés por 3-1, tantos anotados precisamente polos dous ex xogadores de fútbol 11, Óscar Ferreiro, un dos grandes protagonistas do ascenso do equipo xuvenil a División de Honra na 2007-08, que gran recordo, que anotou dous, e o ex dianteiro do As Pontes B, Púas, que marcou o segundo. Xogaron polos locais Iván, Púas, Gerardo, Héctor e Cagi no quinteto inicial e tamén xogaron Fran, Pelu, Ferreiro, Tucho e Alberto. Polo equipo contrario foron da partida Ismael, Bruno R., Manu, Bruno B., Antón e foron entrando Quelle, Girón, Iago e Gabriel. Arbitraron o encontro os colexiados de Pontevedra Juan Jose González, Miguel Ángel Vidal e Javier Sánchez.