Primeira Cronoescalada BTT Monte Da Carballeira

Primeira Cronoescalada BTT Monte Da Carballeira

[@migus.org – CC Terras do Eume]   O pasado 24 de agosto, celebrouse en As pontes a primeira cronoescalada de BTT ó monte da Carballeira, organizada polo CC Terras do Eume, de recente creacion en As Pontes, coa colaboracion do Concello e da tienda de deportes Galiorient, unha subida espectacular, tecnica e moi dura de 2666m de lonxitude e 300 de desnivel positivo, dende As Pontes ata o alto do monte da Carballeira, no que resultou vencedor o ciclista Victor Fernandez Fernandez de BiciMarket Naron , deixando un tempo a batir de 14m 57 s con unha velocidade media de 8,33 km/h. O segundo mellor tempo marcouno o mais novo dos participantes con 18 anos recien cumplidos, Xavier Meizoso de Carballo con un crono de 16m 13s. O terceiro posto foi para o ciclista do clube Terra Cha de Vilalba Jose A Rouco Penabad que parou o crono no alto en 16m 19s. Asi mesmo, o mellor Pontés clasificado foi Marcos Bellas Fernandez, con un meritorio tempo de 16m 56s. sendo cuarto na clasificacion xeral. Esta proba pretende ser o comenzo dun novo evento que se sale un pouquiño das rutas convencionales, dando un plus coa cronometraxe do tempo dos participantes en tempo real, e obligando a enfrentarse a un mesmo contra o crono.