RAID GALLAECIA ARWS 2017

RAID GALLAECIA ARWS 2017

Esta mañá comezaban na Praza do Carme as World Series Raid Gallaecia 2017, de carreiras de aventuras.

Participan 27 equipos, dez españois, seis franceses, dous suecos, e un equipo estadounidense, noruego, finés, danés, checo, suizo, estonio, sudafricano, e incluso un conxunto kuwaití.

Entre eles está o Tracktherace.com Team, con Felipe Peña, David Castro, Lucas Freire e Mariana Pontes.

Isto, na carreira longa de catro participantes por equipo. Tamén hai cinco conxuntos por parellas, catro estatais e un británico.

Os conxuntos percorrerán preto de 500 kilómetros, facendo diversas disciplinas, coma bicicleta de montaña, kaiak, trekking, coastering, e probas especiais de cordas.

Está previsto que este xoves chegue o primeiro equipo á meta, tamén en As Pontes, pechándose a carreira o vindeiro sábado coa chegada de tódolos equipos, coa cerimonia de entrega de premios, e a posterior cea.

Amigus.org