Rematou a Liga de Fútbol de Veteráns de As Pontes

Rematou a Liga de Fútbol de Veteráns de As Pontes

[@migus.org – AF] A pasada fin de semana finalizou a liga de fútbol de veteranos de As Pontes proclamándose campión o Mobles Eume, equipo que totalizou 46 puntos de 48 posibles, xa que gañou quince encontros e só cedeu un empate ante Electricidad J&O. En segunda posición quedou Bar Xardín e As Pontes 74 foi terceiro clasificado. Cendán, de Mobles Eume, foi o máximo goleador do campionato con 21 goles, seguido de Cascudo (Bar Xardín), con 20. Mobles Eume tamén foi o equipo que menos goles recibiu, 12, por 14 La Galaxia e 22 Bar Xardín. O vindeiro domingo comeza a competición de copa cos nove equipos divididos en dous grupos. No A estarán Bar Xardín, As Pontes 74, A Cepa, La Galaxia e Electricidad J&O, e no B, Mobles Eume, Farmavida, Galorient e MMYPEM. A primeira fase será por sistema de liga a unha soa volta, lanzándose penaltis en caso de empate para desfacer posibles empates na clasificación final. Só queda eliminado nesta primeira fase o equipo peor clasificado do Grupo A. Os restantes xogaran os cuartos de final, primeiros contra cuartos e segundos contra terceiros. As semifinais e final disputaranse o 16 de maio no campo do Poboado. Na primeira xornada, 29 de marzo, enfrontaranse Bar Xardin-As Pontes 74 (10,00) e A Cepa-La Galaxia (11,00). Descansan Electricidad J&O e Grupo B.

CLASIFICACIÓN FINAL

1º – MOBLES EUME – 46 PUNTOS.  2º – BAR XARDÍN – 32 PUNTOS.  3º – AS PONTES 74 – 27 PUNTOS.  4º – LA GALAXIA – 25 PUNTOS.  5º – GALIORIENT – 22 PUNTOS.   6º – A CEPA – 19 PUNTOS.   7º – ELECTRICIDAD J&O – 12 PUNTOS.   8º – FARMAVIDA – 9 PUNTOS.  9º – MMYPEM – 9 PUNTOS

GOLEADORES

CENDÁN (Mobles Eume) 21. JORGE CASCUDO (Bar Xardín) 20. FRANCÉS (A Cepa) 11. IVÁN FERREIRO (M. Eume) 11. JAVI (Bar Xardín) 10. TOMÁS (Galiorient) 10

EQUIPO MENOS BATIDO

1º MUEBLES EUME: 12 goles.   2º LA GALAXIA: 14 goles.   3º BAR XARDÍN: 22 goles