Sabela ensina galego aos seus compañeiros de ‘OT’

Sabela ensina galego aos seus compañeiros de ‘OT’

 

A concursante galega de Operación Triunfo 2018, Sabela Ramil, mostra con orgullo as súas raíces dentro da academia. Tras cantar unha canción en galego na gala 2, a pontesa impartiu unha clase deste idioma a dúas das súas compañeiras.

Sabela aproveitou a letra de Benditas Feridas para ensiñarlles a Natalia e Marta algunhas palabras en galego. A concursante andaluza mostrou un grande interese en aprender e, aínda que o principio lle resultaba complicado —”¡Ay por Dios, esto ya es difícil, eh!”, dixo nun momento— ao final da clase —que tivo lugar no baño— xa conseguiu facer a tradución ao castelán de varios versos.

Pola súa banda, Natalia mesmo se atreveu a cantar un pequeno anaco da canción de Rosa Cedrón cunha perfecta pronunciación.

Sabela demostrou ser unha gran defensora da lingua galega e utilízaa a miudo nas súas redes sociais, onde é habitual que comparta publicacións con texto en galego e en castelán.

El Progreso