SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – GUARDO FS (1-6)

Comezou con moi mal pé o equipo pontés na estrea ante a súa afección. Hai dous anos debutaba na categoría, tras ascender, cun 4-1 ante o Guardo, pero este sábado foi goleado polo mesmo equipo por un contundente 1-6, o que lle permite liderar en solitario o grupo 1º da Segunda División B.

Pouco que comentar do primeiro tempo. A pouco de comezar, rapidamente, en medio minuto, os visitantes poñíanse 0-2, resultado redondeado co 0-3 nunha contra tras perda de balón, e co 0-4 nunha perfecta triangulación. Dobrete de Héctor e de Rojo. Incluso Yoni puido facer o quinto, pero con Javichu xa batido, mandouna fóra.

No segundo tempo os visitantes fixeron dous goles máis, tras habilitar Rojo para Chochi que quedou só, e noutro contragolpe tira ó poste Rojo e é outra vez Chochi quen atento empala ó fondo das mallas. Incluso puido facer o sétimo Kuin, pero salvou in extremis Cospe.

Os últimos minutos só serviron para ver catro lanzamentos de dobre penalti, errados polo locatario Héctor, Púas, Chochi, e o último anotado a 30 segundos do final por Bertito de forte disparo, sendo o tanto da honra dos ponteses.

Tras dúas derrotas consecutivas ante Noia e Guardo precisa o Esteo comezar a sumar para alongarse das dúas últimas prazas e a próxima visita ó Universidade de Valladolid non será nada doada. Ocupa a derradeira posición da clasificación sen ningún punto.

FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Javichu, Bertito, Gerardo, Héctor, Tucho –cinco inicial- Púas, Cospe, Kike, Jose López e Ayala

GUARDO FS: Edu, Beto, Kuin, Javi, Héctor –cinco inicial- Ángel, Davicín, Yoni, Chochi e Rojo.

ÁRBITROS: Enrique Novoa García e Carlos Andrés Fernández Méndez (Ourense). Amoestaron a Cospe, Héctor e Javichu polos locais e a Edu, Davicín e Héctor polos visitantes.

GOLES: Min. 5 (0-1), Héctor. Min. 6 (0-2), Rojo. Min. 14 (0-3), Héctor. Min. 15 (0-4), Rojo. Min. 25 (0-5), Chochi. Min. 27 (0-6), Chochi. Min. 39 (1-6), Bertito.

INCIDENCIAS: Segundo partido de Liga, e primeiro no Pavillón Municipal da Fraga, que rexistrou unha pobre entrada, apenas uns 100 espectadores en día moi caloroso.

[amigus.org]

O-Esteo-Guardo-26-09-2015-2ª-Div.-B-023_3110x20741