Segunda División B FS: CLUB MOSTEIRO DE BEMBRIVE F.S. – O ESTEO AS PONTES F.S. – (9-1)

[@migus.org – AF]  Severo correctivo o que recibiu o Esteo na súa visita á parroquia viguesa de Bembrive, ante o cuarto clasificado. O equipo local é un dos fortes da categoría, non en van, hai apenas 20 días xogou nos oitavos de final da Copa do Rei contra o FC Barcelona, Campión de Europa, nas Travesas, co que perdeu 2-12. Doblete de Mariokele e Morgade, e un tanto para Mario, Jhony Fabián, Carlos Cora e o porteiro Kuka para o conxunto olívico, mentres que Bruno Cagiao anotou o gol da honra para os ponteses. O Esteo é cuarto pola cola con seis puntos, por cinco de Albense, dous de Leis e un de Ventorillo, que agora sería o equipo descendido, e que sumou o seu primeiro empate esta fin de semana ante o Cuéllar Cojalba (2-2). Nada menos que o líder Universidade de Valladolid visita o Pavillón Municipal da Fraga a vindeira semana, equipo ante o que o Esteo debe facer gala da súa condición de locatario para tentar de seguir sumando e afastarse o máximo posible do último posto.

BEMBRIVE FS: Kuka, Mario, Mariokele, Ges, Jacobo –cinco inicial- Cora, Jhony, Eloy, Bruno, Morgade, Fabián e Nene.

O ESTEO FS: Iván, Cagi, Bolly, Fran, Gerardo–cinco inicial- Lardín, Pelu, Púas e Héctor.

ÁRBITROS: Jose Luis Rey, Jose Ángel Vilas e María Jesús Mayo (Santiago). Amoestaron a Héctor, Cagi e Nene.

GOLES: Min 3 (1-0), Mario. Min. 6 (2-0), Morgade. Min. 13 (3-0), Jhony. Min 22 (3-1), Cagi. Min. 22 (4-1), Mariokele. Min 23 (5-1), Mariokele. Min. 31 (6-1), Morgade. Min. 32 (7-1), Kuka. Min. 35 (8-1), Cora. Min. 38 (9-1), Fabián.

INCIDENCIAS: Sétimo encontro de Liga do grupo primeiro da Segunda División B desputado este sábado no pavillón da parroquia de Bembrive.