Segunda División B Fútbol Sala: O ESTEO FS – CD ALBENSE FS (1-2

Segunda División B Fútbol Sala: O ESTEO FS – CD ALBENSE FS (1-2

[@migus.org – AF e XF] A dicir verdade, ó Esteo estáselle facer algo longa a liga desta tempada. Unha xornada máis, volveu a perder na súa pista ante un Albense que, sen facer un bo partido, puxo máis gañas no xogo e ó final alzouse cos tres puntos, aínda que os ponteses puideron maquillar o resultado a falta dun minuto para o final nun dobre penalti que Cagi enviou alto. Estivo máis enchufado o cadro salmantino ó longo de todo o partido e así foise ó descanso cunha vantaxe de 0-2 con goles de Alberto e Álex, mercede a senllos despistes da zaga local,. Na segunda metade houbo unha lixeira reacción local, pero o gol tardou en chegar. Sería a falta de oito minutos por obra de Cagi nun disparo que se cola na portería visitante. Pensábase que o empate podería chegar e que mellor ocasión que nun dobre penalti a falta dun minuto, pero Cagi enviou o balón alto, rematando o encontro con vitoria visitante ante un Esteo que se amosa canso e con desexos de que remate canto antes a liga. Unha xornada máis, decepción entre os seguidores ponteses, que viron a sexta derrota do seu equipo no pavillón da Fraga. O Esteo segue na décima posición, pero agora con dous sobre o Leis Pontevedra, que nesta xornada venceu ó colista Ventorrillo, equipo que visita ó cadro pontés na vindeira xornada, polo que ante os coruñeses os tres puntos son vitais para non caer á penúltima posición, que pode implicar un posible descenso de categoría.

O ESTEO FS: Javichu, Ferreiro, Púas, Gerardo, Héctor –cinco inicial- Pelu, Fran, Bolly, Cagi e Tucho.

CD ALBENSE FS: Marco, Joselu, ALberto, Álex, Isaac –cinco inicial- Diego, Víctor, Berti, Arturo, Rober e Pablo.

ÁRBITROS: Eduardo Arenas Parra, Andrés Vanegas Betancurt (Asturias) e na mesa Laura Vila Rivera (A Coruña). Amoestaron a Ferreiro, Fran e Héctor, do Esteo, e a Alberto e Álex, do Albense.

GOLES: Min. 2 (0-1), Alberto. Min. 16 (0-2), Joselu. Min. 33 (1-2), Cagi.

INCIDENCIAS: Partido da Segunda División B disputado no pavillón da Fraga, que rexistrou unha frouxa entrada, apenas uns cen espectadores nas gradas. Antes do inicio gardouse un minuto de silencio polo falecemento do pai do ex xogador do Club, Ito. Os xogadores locais portaban brazaletes negros.