SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA 2015/16: FENDETESTAS RC – CD ZALAETA ARTEIXO (41-19)

O Fendetestas impúxose este sábado no campo de Monte Medulio ó Zalaeta Arteixo por un contundente 41-19. Xenial o conxunto pontés, que, aínda que axustadas, xa lograra dúas vitorias nas primeiras xornadas, ante Santiago (27-19) e Universidade de Vigo B (19-24).

Lidera o conxunto pontés a clasificación con 15 puntos, xunto ó Keltia de Ourense. Logo están Zalaeta e Crat A Coruña B (5), Universidade de Vigo B (1) e Santiago (0).

A vindeira xornada irán á Coruña para enfrontarse ó Crat B, e na derradeira xornada da primeira volta rematarán recibindo ó Keltia Ourense, que leva tres triunfos impoñentes, que esta fin de semana gañou ós coruñeses 98-0.

Antón saíuse con catro ensaios, por un de Mariño e outro de Rober. Nos lanzamentos a paus, Rober atinou tres veces e Kiko unha. Tamén o veterano xogador anotou tres puntos nun golpe de castigo.

[AMIGUS.ORG]

SEGUNDA TERRITORIAL FENDETESTAS