Terceira División. CD AS PONTES 1 – ORDES SD 1

[@migus.org]  Comezou máis metido no encontro o cadro visitante, e un disparo de Alex Blanco dende uns 30 metros acabase colando por enriba de Adrián, que puido facer máis (6´). Comezou algo descolocado o equipo azul pois xa antes marcara Abelenda (2´), por fortuna en fóra de xogo. Como de costume houbo que ir a remolque, e non foi por ocasións para os locais, así Iván queda so e o seu disparo salvao Mario cos pés (29´), tres córner seguidos, un directo de Bossa, que desvía in extremis Mario (34´), e dous cabeceados por Iván (36´) e Dani (38´), que salva o meta visitante, sobre a misma liña o primeiro. Outra vez queda Dani so e o seu forte disparo vai a mans do cancerbeiro (45´).  O segundo tempo transcorría polos mesmos derroteiros, o As Pontes a polo gol, con máis corazón que cabeza, e o Ordes replegado buscando arañar algún punto, aínda así outra contra ordense que volveu a pillar desprevenido ó cadro local con remate final de Blanco salvaa Adrián cunha gran parada (49´). Pero os azuis seguían apretando e así tras un perfecto saque de falta do mago Bossa cabecea hacia atrás o menudo gran xogador naronés Nano, facendo as táboas (71´). Outro forte disparo lateral de Iván desvíao Mario (85´), contra con disparo lonxano de Julián preto do escuadro (88´), e incluso a tivo Santi xa nas postrimerías, un balón morto que lle cae que nin pintado e volve a salvar o meta visitante (91´) que se convirtiu no héroe do encontro polas súas intervencións e as imprecisións locais.  Crece nos afeccionados o desexo de que haxa catro equipos con menos puntos e que se salve o Somozas. Recibe o As Pontes ó Alondras o próximo domingo e necesita gañar si o si, ó estar so un punto por riba do descenso e pensando que na segunda volta serán dúas visitas seguidas.

CD AS PONTES (1): Adrián, Rochela, Nano, Chote (Javi 77´), Aitor, Dani, Iván, Bossa, Arias, Alex (Santi 62´), Domínguez.

ORDES SD (1): Mario, Rendo, Caamaño, David, Abelenda (Álvaro 81´), Soñora (Cabrejo 46´), Juanpa, Julián, Alex (Nacho 71´), Ángel, Souto.

GOLES: 0-1, Alex Blanco (6´). 1-1, Nano (71´).

ÁRBITRO: Uxío Caamaño Vázquez (Vigo). Auxiliado nas bandas por Álvarez Domínguez e Mosquera Doce. Amoestou a Aitor, Dani e Iván polos locais e Mario, David, Abelenda e Souto polos visitantes.

CAMPO e INCIDENCIAS: Campo de O Poboado. Uns 200 espectadores en tarde chuviosa por momentos.