Terceira División: CD As Pontes 1 – UD Barbadás 1

[@migus.org – AF] Unha xornada máis segue sen carburar o As Pontes e amosouse incapaz ante un conservador Barbadás contra o que so foi capaz de rascar un empate que non lle sirve de moito. Puido adiantarse o conxunto azul cando se plantou so Pablo Ramos ante Berto, pero picou por alto e o balón saiu por pouco (2´). Ben é certo que as ocasións máis claras foron para os visitantes en sendos erros locais de categoría biberón nos que Karim en primeira instancia (5´) e o ex deportivista Hugo García despois (11´), quedaron completamente sos e con todo a favor, pero o porteirazo Adrián Laureda salvou sendos remates.Cun disparo de Arias preto do poste (21´) e outro do mesmo xogador que salvou Berto co pe (44´) chegouse ó descanso. Trala reanudación avisou Jaime cun trallazo no 47´, pero foi Luis o que marcou de falta lateral pola escadra nun disparo que Adrián non alcanzou a despexar (55´). Foi o equipo azul a polo empate e un testarazo de Aitor sacao o lateral Jorge baixo paus (63´). Na xogada seguinte desmarcase Arias e bate a Berto por baixo facendo o empate (64´). Buscou o As Pontes o segundo mentres o Barbadás deixaba que pasaran os minutos, pero foi un querer e non poder, un tiro de Chicho dende banda esquerda (78´) e un potente disparo de Iván (87´), ambos marcharon por alto, foron as xogadas de maior perigo. Desgraciadamente segue competindo o As Pontes co Bertamiráns polo título de equipo máis triste da categoría, e tendo que visitar ó Arousa, segundo, e recibir ó Choco, primeiro, nas próximas xornadas, que a día de hoxe semellan inalcanzables coma os equipos da NBA, os sufridos afeccionados ponteses agardan ós regalos navideños pra tener una mínima alegría na vida.

CD AS PONTES (1): Adrián, Hugo (Rochela 45´), Nano, Dani, Aitor, Pablo D, Iván, Bossa, Arias, Pablo R (Chicho 54´), Javi (Fidi 72´).

UD BARDABÁS (1): Berto, Jorge, Alfredo, Iago, Vieytes, Nacho Currás, Cristian, Karim (Jorge De Dios 65´), Hugo, Luis (Nuno 80´), Jaime (Oli 72´).

CAMPO e INCIDENCIAS: Campo de O Poboado. Uns 200 espectadores en tarde soleada. Partido correspondente á 10ª xornada.

ÁRBITRO: Óscar López (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Patiño García e Villamuelas Castro. Amoestou a Nano, Dani, Rochela, Jaime, Hugo e Currás.

 Goles: 0-1, Luis (55´), 1-1, Sergio Arias (64´).