Terceira División. CD AS PONTES 2 – AROUSA SC 2

[@migus.org – AF e XF]  Enfrontabanse curiosamente os dous equipos galegos máis históricos de Segunda División B dos que non pertencen a grandes cidades, As Pontes (8º) e Arousa (9º). Por diante estarían Pontevedra, Ourense, Lugo, Ferrol, Celta B, Compostela e Deportivo B. Décimo estaría o Lalín. Tamén curiosamente, contando o 18º enfrontamento de hoxe, son os visitantes os que dominan no Poboado con 7 vitorias por 6 empates e 5 derrotas, con 17 goles para cada un.

Antes do festival goleador avisou o cadro visitante cun remate cruzado de Pablo que se vai por pouco (9´) e polos locais un centro chut de Dani que desvía Lucas (28´). Cumprida a media hora, tras unha xogada a balón parado, agarra o lateral esquerdo Alex Freire a Nano dentro da área e o colexiado decreta penalti, que lanza Bossa, detén Lucas, pero o rexeite aproveitao Dani para situar o 1-0 no electrónico (32´). Isto espoleou ós visitantes, e tras un balón perdido por Amado, os locais non se replegan ben, perfecto contragolpe dos arlequinados, e Cubas cedella a Eloy, ex compañeiro de Alex Cabarcos na galega sub18 subcampiona de España, quen, so, controla e marca (36´). Pouco despois noutra contra é Nando quen marca, tras un bo tiro cruzado ante a saída de Souto, eso si, parece estar en claro fora de xogo (38´). Non se amedrentou o cadro local, e pouco despois, saque de falta de Bossa, que engana i en lugar de rematar a porta cedella rasiña a Amado que se desmarca e anota de forte zapatazo en carreira (2-2). Incluso antes do descanso puido poñer o terceiro Javi, pero rematou frouxo (43´). Nota o cadro local as ausencias arriba de Arias e Chicho. Xa no inicio do segundo tempo o As Pontes achuchou con moitas xogadas de estratexia botadas por Bossa, nunha, Nano cabecea fora por pouco tras desviar un defensa a córner (47´), e noutra Dani remata forzado cara atrás e logo quedalle franco o balón a seu irmán Chote, pero o seu disparo rebota nun defensa (54´).

Entremedias tamén foi un incordio o ex internacional sub16 Quique Cubas, que fixo un pase en profundidade a Eloy e salva Marcos con apuros (51´)Puido anotar o Mago de Viveiro Bossa, pero o seu precioso lanzamento de falta desde uns 25 metros estampouse na cruceta (66´). Estivo máis fresco nos últimos minutos o Arousa, e así o prometedor Javi Pazos escapouselle a Hugo por banda esquerda e o seu perigoso centro salvouno outro defensa (81´). As máis claras ocasións visitantes no segundo período nos pes de Quique Cubas. A primeira, tras un claro empurrón e desprazamento a Rochela, queda so e manda un zapatazo que Souto desvía a córner (83´). Tralo posterior saque sorprendentemente controla so dentro da área e sorte que o seu chut franco marchase por alto (84´), ante un As Pontes raro nos últimos minutos que alternaba a Dani e a Alex en punta. Nada máis saír ó campo disparo dende fora da área de Samuel que marcha por pouco (88´). Non se moveu o marcador e o Arousa quedase con 46 por 43 dos ponteses que aínda que baixan dous postos seguen 11 puntos por riba do descenso antes de visitar ó Choco.

CD AS PONTES: Marcos Souto, Hugo, Nano, Chote, Rochela, Dani, Iván (Samuel 88´), Bossa, Javi (Alex Cabarcos 65´), Amado (Fidi 78´), Domínguez

AROUSA SC:  Lucas, Juanjo, Alex Freire, Martín, Juan Domínguez, Pablo Vázquez (Gregor 76´), Nando, Vixo, Quique Cubas, Camiño, Eloy (Javi Pazos 76´).

GOLES: 1-0, Dani (32´), 1-1, Eloy (36´), 1-2, Nando (38´), 2-2, Amado (40´).

CAMPO e INCIDEN CIAS: Campo de O Poboado. Uns 200 espectadores, en tarde fría e soleada. Partido da trixésima xornada.

ÁRBITRO: Óscar López Fernández (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Soto Eiroa e Lema Arranz. Amoestou a Piscis, Iván Rodríguez, Hugo, Iván González, Alex Freire, Martín, Vixo e Quique Cubas.