Terceira División. CD As Pontes – CCD Cerceda: 1-0

Terceira División. CD As Pontes – CCD Cerceda: 1-0

[@migus.org – AF e XF] Hoxe si podemos dicir oficialmente que o As Pontes será outra vez de Terceira División a campaña 2015-16. Non foi un partido doado, como non podía ser menos ante o terceiro clasificado, cun ataque do mellor da categoría. Un Cerceda dos ex ponteses Lemos, Juan e Angeriz. Se ben a primeira ocasión foi para os visitantes tras escaparselle a Hugo Jorge Cano, pero cando o pichichi da tempada pasada encarou a Marcos Souto soupo solventar a papeleta o porteiro local (13´). Foi nun pase ó oco de Fidi a David Amado que o dianteiro naronés pica o xusto ante a saída de Diego e o balón alcanza despaciño o fondo das mallas (31´). 1-0. Antes do descanso é Uxío quen regatea a Rochela, dispara ante Souto, e este co corpo envíaa fora, aínda que o balón saiu preto do escuadro (44´). O saque de córner posterior cabeceao Cano ó poste (45´).  Na segunda metade xogadón de Herbert que deixa só a Uxío aínda que volve a salvar Souto providencial (50´). Como o Cerceda buscaba o empate, cun defensa menos, era o As Pontes o que tiña as contras e así Amado encarou a Diego pero trastabillase e o balón acabou en córner (54´). Granada completamente só chega ó balón antes que Souto, cede atrás a Uxío que remata pero saca Rochela baixo paus (58´). Tras saque de falta cabecea en posición franca Cano fora (60´). Respondeu o As Pontes cun desmarque de Santi que tira frouxo (63´), e outra vez Amado volve quedar só, pica ante Diego e o balón marcha lamendo o poste (69´). Foi o mago Bossa quen nunha falta dende 60 metros colleu adiantado ó meta visitante, probou, e o balón marchou preto do escuadro (71´). O Cerceda seguiuno tentando, tiro de Hebert preto do poste (82´), pero foi no desconto cando Arias puido aumentar a vantaxe, recorreu 60 metros co balón pegado ós pes ata que en boca de gol o defensa e o porteiro acabaron botándoselle enriba. Non se moveu o marcador e o As Pontes con 51 puntos xa si pode dicir que oficialmente seguirá sendo de Terceira ó quedar tres xornadas e sacar nove puntos ós quintos pola cola, Boiro e Silva, que ó xogar a próxima semana entre eles é imposible que os dous alcancen 51 puntos, e tampouco parece probable que descenda ninguén por arrastre, pois o Celta B parece salvado. Polo tanto, próxima visita ó complicado Pontevedra, coa tranquilidade da permanencia, ante un equipo co que o As Pontes perdeu os seus sete enfrontamentos nestas catro campañas. Debutou o rapaz do B, Toni Rodríguez.

CD AS PONTES (1):  Marcos Souto, Hugo, Nano, Rochela, Aitor, Fidi, Santi (Toni 69´), Bossa (Piña 88´), Arias, Amado (Chicho 81´), Domínguez.

CCD CERCEDA (0): Diego, Noé (Dani 55´), Juan, Angeriz, Marcos, Pablo Rubio, Cano, Granada, Uxío (Abelenda 74´), Herbert, Martín (Bilal 69´).

ÁRBITRO: Daniel García Lesta (Pontevedra). Auxiliado nas bandas por Díaz Álvarez e Vilar Álvarez. Amonestou a Hugo, Bossa e Angeriz.

GOLES: 1-0, David Amado (31´).

CAMPO e INCIDENCIAS: Campo de O Poboado, uns 200 espectadores en tarde soleada. Partido correspondente á 35ª xornada.