Trofeo Gándara Motro de Veteranos: AS PONTES 74 – AMIGOS DE AMARELLE (0-2)

Trofeo Gándara Motro de Veteranos:  AS PONTES 74 – AMIGOS DE AMARELLE (0-2)

[@migus.org – xf e af]  Este sábado disputouse no Campo de O Poboado a segunda edición do Trofeo Volkswagen Gándara Motor, no que se enfrontaron o As Pontes 74 e o equipo “Amigos de Amarelle”, do xogador de Ponteceso, Ramiro Figueiras Amarelle.

Ilustres xogadores de Fútbol Praia visitaron o Campo do Poboado, xa comezando por Amarelle e sen desmerecer a Nico, ambos conseguiron cinco Ligas Europeas, tres Copas de Europa e dous subcampionatos do mundo 2003 e 2004 coa selección española. Amarelle tamén foi elexido mellor xogador do Mundo en 2003 e 2008, e Nico foi máis lonxevo e conseguiu no 2013 un terceiro subcampionato mundial, incluso metendo o gol contra Brasil que deu o pase a final anque logo non puideron facer nada ante Rusia. Tamén se achegou Javi Álvarez, o ex xogador de Ordes e Vilalbés entre outros, e irmán do famoso Julio Álvarez, fora Campión da Liga Europea en 2006, con triunfo de España 4-2 ante Portugal si a memoria non me falla. Tamén outro mítico xogador, neste caso de fútbol campo, o bosnio Milorad Ratkovic, ex de Celta, Sevilla e Estrella Roja. Tamén formaba no cadro visitante o actual director deportivo do As Pontes, Pablo López, que coincidiu con Amarelle nas categorías inferiores do Deportivo e incluso gañaron a Copa de Campións Xuvenil en 1996 vencendo 2-1 ó Real Madrid. Por parte do cadro pontés vellas glorias do As Pontes coma Marco Roca, Suso Paz, Fran Pena, Cendán ou Marcos Álvarez.

Adiantáronse rápido os visitantes por medio de Kike e antes do descanso anotou Nico o 0-2. Ós laranxas foronlles anulados dous goles ó longo do encontro por fora de xogo que semellou ser, e por parte dos locais que no segundo tempo se sacudiron a presión salientar un tiro alto de Roca e un paradón a bocaxarro do porteiro visitante. Ó final do encontro levouse a cabo a entrega de trofeos e posteriormente houbo uns pinchos no Lar.

aspontes74_0001 aspontes74_0004