ULTIMO DÍA DE COMPETICIÓN PARA ALVARIÑO EN POLONIA

ULTIMO DÍA DE COMPETICIÓN PARA ALVARIÑO EN POLONIA

 

O arqueiro pontés rematou cun cuarto, sétimo e noveno posto

O arqueiro pontés do Clube Silex, Miguel Alvariño García, tivo este xoves o seu último día de competición nos Europeos de Tiro con Arco que se están a levar a cabo en Polonia.

Despois do cuarto posto por equipos do día de onte, pola mañá foron as eliminatorias individuais do Recurvo Masculino, nas que Miguel foi o representante español que chegou máis lonxe. Yiyo tivo que disputar a repesca, e pese a que gañou 7-3 ó chipriota Panagi, logo perdeu 0-6 ante o sueco Flink.

Pola súa parte Alvariño e Acha entraron directamente na rolda de dezaseisavos, na que Pablo perdeu 2-6 ante o ruso Bazarzhapov. Miguel eliminou ao ruso Baldanov 6-2, pero caeu en oitavos ante o ucraino Ivanytskyy por 4-6, rematando noveno.

A última competición do día era a proba de recurvo mixto no que competían os dous mellores de cada selección nas tiradas previas, que foron Alvariño e Alicia Marín, que sumaron 1324 puntos ambos, concluindo na cuarta posición da previa dos 33 países, só por detrás de Turquía, Alemaña e Francia.

Xas nas eliminatorias, España, exenta da primeira, cruzouse en oitavos con Bielorrusia, que gañara na repesca a Finlandia, e venceron contundentemente 6-0 ó combinado bielorruso, pero en cuartos caeron 1-5 ante Italia, acabando na sétima posición. Rusia foi bronce tras gañar a Turquía e polo ouro pelexarán Francia e Italia.

Amigus.org