Unha exposición fotopoética saca á luz o novo traballo dos grupos Reollo e Alalá

Poetas e fotógrafos volven camiñar da man neste novo proxecto creativo que poderá contemplarse durante todas as festas do Carme no enreixado do Colexio Santa María. Verbas e imaxes fundidas nunha vintena de lonas que teñen nas esceas da vida cotiá o seu elemento integrador.

Os textos poéticos de Gloria David, Aníbal Ánxel, Santi del Moral, Ofelia López, Mari Carmen Freire e Silvia Pardo compleméntanse coas instantáneas dunha ducia de aficionados á fotografía da localidade, Patricia Rivera, Vanesa Cebreiro, Ángel Ramil, Nuria Castro, Javier Pérez, Carmen Guerreiro, Tamara Ferrer, Luis Díaz-Faes, Juan Pena, Javier Balseiro e María José Alén.

Cada unha das 22 imaxes dán orixe a un poema, dando vida a un diálogo que busca ser contemplado polos espectadores. A mostra realizada sobre lonas de 100 x150 permanecerá instalada durante todas as Festas patronais.

[amigus.org]