V REGATA DE WINDSURF LAGO DE AS PONTES

V REGATA DE WINDSURF LAGO DE AS PONTES

 

Esta fin de semana levouse a cabo a quinta edición do evento deportivo pontés

Esta fin de semana disputouse na localidade pontesa a quinta edición da Regata Lago de As Pontes, organizada polo Clube de Vela Fluvial local. O sábado disputáronse tres mangas quedando anulada a xornada do domingo por falta de vento.

En Raceboard resultou gañador Jorge Maciel, que venceu folgadamente nas tres mangas, quedando por diante de Jose Ramón Martínez e Javier Plaza. O deportista olímpico da Guarda, que fora 15º en Atlanta 1996 e 22º en Sidney 2000 amousou a súa gran calidade.

En Formula Win venceu Francisco Robleda, gañador das tres mangas, quedando segundo Guillermo Pan e terceiro Juan Parada.

Por último, nos máis pequenos, na Bic Techno, en Sub-17 resultou vencedor Lucas Maceira, por diante de Pablo González e Sergio Álvarez.

Xa na categoría Sub-15 a gañadora foi Elena Fernández, secundada por Pedro Cordeiro e Estela Ríos.

Amigus.org