XXV Feira de Fungos de Cogomelos

XXV Feira de Fungos de Cogomelos

CONCURSO DE FUNGOS E COGOMELOS.  De 10.00 a 11.00h Presentación de cestas ao concurso. As cestas estarán expostas ao público durante toda mañá na Praza de América.

EXPOSICIÓNS. Horario das exposicións: de 11:00 a 14:00 h

VI XORNADA DE ARTESANÍA. Con demostracións de traballos de artesanía, nas que poderá participar o público asistente. Lugar: Sala de Exposicións do Mercado Vello. Organiza: Asociación de artesáns do Eume

EXPOSICIÓN DE FUNGOS. Esta mostra é o broche final a saída micolóxica polo monte do venres 31 outubro. A montaxe e clasificación de especies é aberta ao público e o resultado da mesma poderase ver durante a mañá da feira de fungos. Lugar: Sala de Exposicións do Mercado Vello.

O MUNDO DA MICOLOXÍA. Mostra dos traballos realizados polos escolares das Pontes.

Lugar: Sala de exposicións do Soto da Casa Dopeso (Rúa Rosalía de Castro, nº 28)

MOSTRA DE PRODUCTOS ECOLÓXICOS E DE OUTONO. Fungos e cogomelos frescos e envasados, algas, doces, derivados do mel, lácteos, hortalizas ecolóxicas o outros produtos. Lugar: Rúas Alexandre Bóveda e Ramón Cabanillas Horario de apertura: de 10.30 a 14:30 h.

DEGUSTACIÓNS. Mel e queixo do Eume. As propiedades do mel xúntanse ás nutricionais do queixo. (Postos de da Asoc. AGA-Eume e Queixerías del Eume). Chocolates, pastas e cafés do mundo. (Posto Comercio Xusto).

MENÚ DA FEIRA. Lentellas guisadas con níscalos, pleorotus e champiñóns. Lasaña de polo con boletus edulis, rebozuelo e trompetillas. Sobremesa: tarta de requeixo con mel. Bebida: viño auga e refrescos. Lugar: carpa instalada no patio do Colexio Sta. María ·(os menús tamén estarán dispoñibles para levar). Horario de servizo de menús: 12:30 a 15:00 h. Prezo: 10 €. Tickets á venta na caseta de información dende as 11.00 h.

ENTREGA DE PREMIOS. Ás 12.30h. Entrega de premios dos concursos de fungos e o mundo da micoloxía.  Lugar: carpa instalada no patio do Colexio Sta. María.

OUTRAS ACTIVIDADES

MONÓLOGO ALEX CLAVERO. # mimadreestrendingtopic. Un entrañable, nostálxico e desternillante viaxe pola infancia do humorista Alex Clavero que te deixará sen palabras. Auditorio Municipal Cine Alovi, 18:00 h.  Reserva telefónica de entradas (981 44 03 44): de martes 28 a xoves 30 de 10:00 a 14:00 h (máximo 4 entradas por persoa).  Horario de taquilla: venres 31 de 12:00 a 13:30 h (billeteira do Auditorio M. Cine Alovi).  sábado 1: na caseta de información da Feira de Fungos e Cogomelos.  17:30 h na taquilla do Auditorio M. Cine Alovi.  Prezo: 3 €.

CANTOS DE TABERNA a partir das 12 do mediodía percorrido polos locais colaboradores de grupos participantes.

7º MERCADO DE OPORTUNIDADES VILA DAS PONTES “MOVA 2014”. (Sábado 1 de 9.30 a 19h e domingo 2 de 10.30 a 19h). Lugar: Avda. da Coruña.  CASA DO MEL (visitas guiadas). Lugar: Goente.  Horario: 16:00 – 21:00 h.

SAÍDA MICOLÓXICA. Venres 31 de outubro.

08:30h SAÍDA AO MONTE para coñecer distintos hábitats e os fungos que se dan neles. A saída estará dirixida por Antonio díaz Calvo e José Luis Cuba micólogos, e coa colaboración do Clube de montaña O Caxado. Inscrición previa na Casa Dopeso do 22 ao 29 de outubro. Prazas limitadas. Prezo: 5€.

17.00h Clasificación do material recollido na saída ao monte (entrada libre) dirixida polo micólogo Jose Luis Cuba.Os asistentes poderán resolver dudas e participar da clasificación de fungos e cogumelos. lugar: sala de exposicións do Mercado Vello.

17.30h- 20h CURSO DE COCIÑA con motivo da tempada de fungos Antonio Díaz calvo cociñeiro experto na realización de platos con fungos e cogumelos dirixirá un curso que persegue explotar o sabor deste producto e ensinar aos participantes as características, preparación e conservación deste produto.Inscrición previa na Casa Dopeso do 22 ao 29 de outubro. Prazas limitadas. Prezo: 5€.